CONGRESO VIRTUAL

Os participantes que non presenten comunicación, obterán a súa certificación de asistencia ao Congreso se realizan un mínimo de 2 intervencións ao día na plataforma  en comunicacións diferentes.  A intervención pode ser unha pregunta, un comentario ou unha reflexión sobre algunha/s das comunicacións presentadas na plataforma.

Todas as comunicacións aceptadas na modalidade de Participación Virtual presentaranse desde a plataforma do Congreso, en espazos organizados por liñas temáticas. Esta participación consistirá na realización dunha presentación con diapositivas ás que acompañe unha locución. A presentación virtual da comunicación deberá cumprir estes dous requisitos:

1. Unha locución nun dos siguientes formatos:

  • Realización dun vídeo dunha duración aproximada de 5 a 7 minutos que o autor/a deberá subir a un portal de streaming (Youtube, Vimeo ou Daylimotion). O/a autor/a deberá facilitar a URL de acceso ao vídeo en aberto. 

  • Realización da presentación con diapositivas ás que acompañe unha gravación en audio. O tamaño do arquivo ten unha limitación de 100MB.

2. Dar respuesta na plataforma, durante a celebración do congreso, ás preguntas e comentarios que se reciban sobre a súa comunicación e/ou presentación.

Responsables do Congreso Virtual:

  • Beatriz Cebreiro López (Coord.)

  • Lorena Casal Otero

  • Fernando Fraga Varela

  • Beatriz García Antelo