Miguel A. Escotet

Profesor de universidade especializado na investigación social e psicolóxica, política universitaria, deseño e avaliación de programas, desenvolvemento da educación internacional e comparada, filosofía da educación e psicoloxía transcultural. É Doutor pola Universidade de Nebraska (USA).

 

Foi Decano da Facultade de Educación da Universidade de Texas (USA) durante 8 anos, e Vicerreitor da Universidade de Deusto (España).

 

Posúe numerosos recoñecementos: Teaching Award (FIU and The State University System of Florida, 1997), Houston Endowment Chair in Education by University of Texas (2012) e Frost Professorship Award by Florida International University (2001).

 

Ademais, dirixe a Cátedra da UNESCO en Historia e Futuro da Universidade na Universidade de Palermo (Arxentina) e é Profesor Emérito da Universidade de Texas. Actualmente, é Presidente de AFundación e Director Xeral de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA en España.