SIMPOSIOS

Todas as persoas participantes no simposio deberán estar matriculadas no Congreso.

 

Os simposios terán, obrigatoriamente, carácter presencial.

 

Cada simposio contará cun máximo de 4 relatorios incluído, no seu caso, o do/a coordinador/a. Só poderá propoñerse un coordinador para cada un dos simposios.

 

Ao igual que no caso de comunicacións e pósteres, os relatorios que se presenten nos simposios poderán ser teóricos, de investigación, ou experiencias/boas prácticas.

 

O coordinador/a deberá facer unha proposta de simposio na que se recolla:

a) Formulación xeral do simposio (máximo 1000 palabras):

  1. Título do simposio.

  2. É moi IMPORTANTE mencionar a liña temática á que se adscribe o simposio.

  3. Participantes (nome e apelidos, correo electrónico, Universidade/Empresa/Institución na que desenvolve o seu traballo e título do relatorio).

  4. Descripción do simposio (oportunidade, propósito, contido...).

b) O/a coordinador/a terá que enviar, ademais, un resumo da participación de cada integrante do Simposio axustándose ás normas para o envío de propostas. 

Naqueles simposios que sexan aceptados, a publicación dos relatorios implicará o envío do texto definitivo axustándose ás normas de envío de texto completo e aos prazos establecidos.

 

Os participantes no simposio recibirán certificado de relatorio no XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía.