Marcelo Suárez-Orozco

Marcelo Suárez-Orozco é o Decano Inaugural (Wasserman Dean) da UCLA Graduate School of Education and Information Studies (California, USA). A súa investigación céntrase na análise da relación globalización-educación e migracións.

Os seus libros premiados foron publicados por Harvard University Press, Stanford University Press, University of California Press, Cambridge University Press, New York University Press e outras. Os seus artigos académicos, nunha variedade de disciplinas e idiomas, téñense publicado en revistas tan relevantes como Harvard Educational Review, Revue Française de Pédagogie (París), Cultuur en Migratie (Leuven), Temas: Cultura, Ideología y Sociedad (A Habana), Ethos, The Journal of the American Academy of Arts and Sciences, Harvard Policy Review, Harvard Business Review e outras.

É membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias (Governance and Trust Board) da Academia Nacional de Educación, un Fideicomisario da Fundación Carnegie para o Avance da Ensinanza e o receptor da Orde Mexicana da Aguia Azteca. Suárez-Orozco foi Asesor Especial do Fiscal Xeral na Corte Penal Internacional (A Haia, Países Baixos).

En Harvard, Suárez-Orozco foi Profesor Victor S. Thomas de Educación e Cultura, Fundador e Director de Proxectos de Inmigración de Harvard, e Membro fundador do Comité Executivo do Centro de Estudos Latinoamericanos David Rockefeller. Na Universidade de Nova York desempeñouse como profesor universitario e como profesor inaugural Courtney Sale Ross de Globalización e Educación en Steinhardt. Suárez-Orozco foi becado no Centro de Estudos Avanzados (Stanford) e no Instituto de Estudos Avanzados (Princeton). Pódese dicir que é un dos investigadores da educación máis prestixiosos e cunha traxectoria académica de auténtica excelencia.