PRESENTACIÓN / EXPOSICIÓN

No que se refire á presentación dos traballos no congreso, as comunicacións orais deberán axustarse a un tempo máximo de 10 minutos.

As dimensións dos PÓSTERES deben adecuarse a un tamaño A1 (594 x 841mm) con orientación vertical. Recoméndase confeccionar os pósteres de maneira clara e concisa. Lembramos que o texto completo do traballo estará dispoñible para todos os interesados/as no Libro de Actas do Congreso. O Comité Organizador non propón ningún modelo de póster específico, de maneira que cada autor/a poida elixir o formato do mesmo.

O póster entregarase no momento do rexistro no congreso. A organización encargarase de colocalos. Dentro do programa do congreso haberá espazos específicos que se dedicarán exclusivamente á súa presentación. Pídese aos/ás autores/as que, durante este intervalo de tempo, estean xunto aos seus pósteres e poidan atender aos/ás congresistas interesados/as nos seus traballos.

Todos aqueles congresistas que desexen recoller o seu póster xa impreso na sede do Congreso, poderán imprimirlo a través do Servizo de Reprografía da USC (Campus na nube) a través do seguinte enlace.