RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

A Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición das/dos congresistas 200 habitacións individuais e 50 dobres nas Residencias Universitarias de Monte da Condesa (Campus Vida - a 5 minutos a pé da Sede do Congreso) e Burgo das Nacións - a 25 minutos a pé da Sede do Congreso (Campus Norte) do Servizo Universitario de Residencias (SUR).

 

PREZOS (por día):

 

  • Habitación individual congresistas: 28,05€ tarifa xeral (+ IVE) (17,05€ se son estudantes)

 

  • Habitación dobre congresistas: 47,30€ tarifa xeral (+ IVE(28,05€ se son estudantes)

Os prezos no ano 2019 estarán suxeitos a subidas debido a actualización de prezos para o ano 2020.

A reserva farase a través do seguinte link

A asignación das habitacións farase por orde de petición ata completar as prazas.

 

A partir do 1 de febreiro enviarase un link para facer o pagamento. Haberá un prazo de 15 días para realizar o pagamento. Se pasado este tempo non se fai efectivo, enténdese que desisten do aloxamento nestas residencias.