PREMIOS

Convócanse dous tipos de premios:

  1. Premio aos mellores pósteres presentados ao Congreso.

  2. Premios ás mellores experiencias educativas en niveis de educación non universitaria.

 

Os premios entregaranse no Acto de Clausura do Congreso e deberán de estar presentes os premiados ou, no seu defecto, un representante dos mesmos.

 

A) Premios aos mellores Pósteres presentados ao Congreso                                                                  

Outorgaranse tres premios aos pósteres en función da súa calidade.

Todos os pósteres presentados ao Congreso serán avaliados, no momento da súa presentación ou exposición pública, por unha Comisión nombrada ao efecto polo Presidente do Comité Organizador. Os criterios a utilizar serán os seguintes:

  • Contido científico: 50 %

  • Deseño e claridade: 30 %

  • Presentación: 20 %

Premios:

  • 1er premio: 500 euros

  • 2º premio: 300 euros

  • 3er premio: 200 euros

 

Asimesmo, entregarase un diploma acreditativo nominal aos/ás autores/as inscritos/as no Congreso.

 

B) Premios ás mellores experiencias educativas en niveis de educación non universitaria               

 

O instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidad de Santiago de Compostela, en colagboración co Congreso, outorgará tres premios a profesionais da educación non universitaria que presenten prácticas de innovación, dentro da modalidade de participación de “Experiencias/Boas prácticas”.

Optarán a este premio todos os traballo presentados nesta modalidade cuxos autores/as sexas profesionais da educación nos niveis non universitarios. Unha Comisión nomeada ao efecto polo Presidente do Comité Organizador e a dirección do ICE encargarase da súa avaliación a partir dos seguintes criterios:

  • Carácter innovadora da experiencia: 50 %

  • Potencial de transferencia e aplicabilidade: 30%

  • Claridade e coherencia na redacción: 20 %

 

Premios:

  • 1er premio: 500 euros

  • 2º premio: 300 euros

  • 3er premio: 200 euros

*Entregarase un diploma acreditativo nominal aos/ás autores/as que se inscriban no Congreso.

*Ambos premios poderán declararse desertos se así o estiman as respectivas Comisións.

© 2019  Sociedad Española de Pedagogía  / Contáctanos en xviicongreso.pedagogia@usc.es