XVII CONGRESO NACIONAL Y

IX IBEROAMERICANO

DE PEDAGOGIA

Sen ser único, o factum Educación continúa sendo o factor de maior alcance e relevancia na formación das persoas, o cambio das comunidades e a gradual transformación do mundo.

En tal marco de referencia global, a pedagoxía fai as veces de vector substantivamente instrumental ao servizo da optimización dos procesos de aprendizaxe e, por suposto, dos resultados educativos, e non só dentro senón tamén fóra das escolas, ao lado doutras instancias da sociedade civil igualmente importantes na representación das posibilidades que nos asisten na actualidade para avanzar cara ao logro dunha cidadanía consciente do seu rol protagonista nun futuro que asoma cargado de incerteza, pero en absoluto alleo ao impacto de novos tipos de intelixencia, mediada inevitablemente pola tecnoloxía.

A Educación en Rede: Realidades Diversas, Horizontes Comúns, lema e referente temático do Congreso a celebrar na emblemática cidade de Compostela (1-3 de xullo de 2020), supón unha magnífica oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida desde un contexto histórico e culturalmente diverso, se ben vinculado por manifestas conexións idiosincráticas, para un escenario emerxente.

É en tal escenario onde os conceptos de calidade e de equidade, ou aínda de coñecemento, inclusión, desenvolvemento e sustentabilidade, haberán de modularse, na teoría e na práctica, nun percorrido de permanente innovación arredor de programas e proxectos que dificilmente escaparán á influencia dos big data en educación, por mencionar algunha das realidades virtuais que xa están delimitando discursos, ou promovendo xiros epistemolóxicos, a modo de puntos de inflexión ou tránsito entre eras civilizadoras.

Estamos persuadidos de que o noso Encontro nas terras atlánticas de España suporá un revulsivo para unir forzas e vontades nunha ruta de maior cohesión e progreso para educadores, investigadores e profesionais da educación en torno ás grandes metas e desafíos dos países, e dos homes e mulleres, que conformamos un gran espazo de comunicación, que se estende máis alá dos territorios de América e Europa.

Non en vano o lema del Congreso expresa o desexo dunha Iberoamérica conectada, orgullosa da súa plural identidade e disposta a facer da educación unha sólida garantía de futuro.

Queremos, finalmente, agradecer a confianza depositada no Comité Organizador por parte da Sociedade Española de Pedagoxía (SEP), o apoio das institucións ao evento, a axuda dos Comités Científico e Asesor, e o impulso recibido desde as asociacións científicas que integran RETINDE (Rede Transdisciplinar de Investigación Educativa).

Todo o Comité Organizador deséxalles un “Bo Camiño” a Santiago.

 

Miguel A. Santos Rego

Presidente del Comité Organizador