INFORMACIÓN XERAL

O envío de propostas de simposios, comunicacións e pósteres finaliza o 15 de xaneiro de 2020 ás 23:59 (hora de España peninsular).

Poderanse enviar propostas para presentación de SIMPOSIOS, COMUNICACIÓNS e PÓSTERES mediante o envío de resumos unicamente a través da plataforma electrónica https://easychair.org/conferences/?conf=congresopedagogia202

No caso das propostas dirixidas á WERA Focal Meeting o envío realizarase exclusivamente a través da web da WERA2020, seguindo as instrucións correspondentes: https://wera-compostela.com/submission.html

As propostas poden redactarse en castelán, galego, portugués ou inglés e serán avaliadas polos/as membros do Comité Científico. 

Como máximo, cada proposta poderá ser asinada por tres autores/as.

Como máximo, cada autor/a poderá figurar en dúas propostas.

Ao menos un dos autores/as debe estar inscrito no congreso.

Os resumos de Simpósios/Comunicacións/Pósteres aceptados serán publicados nun libro de resumos en formato electrónico.

O Comité Científico tamén propoñerá aqueles traballos que serán avaliados para a súa posible publicación en Revistas de impacto. As Revistas xa confirmadas son:

No caso de aquelas propostas recomendadas polo Comité Científico para a súa avaliación por parte dalgunha das revistas mencionadas, o Comité Organizados comunicará ao autor/es tal posibilidade.

 

Unha vez o autor/es comunique ao Comité Organizador a súa conformidade ao respecto, a organización do congreso enviará a proposta á revista. O cal implicará que o traballo completo xa non poderá ser incluído no libro de actas. 

IMPORTANTE: Tan só os/as congresistas inscritos/as terán dereito a recibir a documentación e os certificados.

A PROPOSTA DE COMUNICACIÓN TERÁ  QUE ADAPTARSE AOS SEGUINTES CRITERIOS: